ENERXÍA SOLAR TÉRMICA

A enerxía solar é unha enerxía garantizada para os próximos 600 millóns de anos. A enerxía solar á a enerxía producida polo sol e que é convertida en enerxía útil polo ser humano.

Actualmente é unha das enerxías renovables máis desenroladas e utilizadas no mundo.

A enerxía solar térmica é aquela obtida directamente do sol, e aproveitada a través dos captadores solares térmicos para a producción de auga quente ou proporcionar apoio á calefacción.

O quencemento de auga mediante enerxía solar pode supoñer ata un 80% de aforro no combustible consumido para tal fin. En combinación cun sistema de calefacción de baixa temperatura como pode ser o chan radiante pode chegar a ser ata un 30% de aforro no consumo de calefacción.

O aproveitamento térmico da enerxía solar e o procedemento de transformación da enerxía radiante do Sol en calor ou enerxía térmica, mediante un fluido caloportador que circula polo interior dos captadores solares térmicos é que posteriormente cederán a enerxía captada para o seu aproveitamento en diferentes aplicacións entre as que podemos destacar a producción de auga quente sanitaria é o apoio a calefacción.
Fálase de aprobeitamto da enerxía solar a baixa temperatura cando a enerxía térmica obtida se utiliza en aplicacións con temperaturas inferiores a 80°C.

A enerxía solar para a obtención de AQS e auga quente para calefacción é hoxe en día a maneira máis barata, rentable, eficiente e ecolóxica de obter enerxía. Entre as aplicacións que pode ter destacamos:Producción de AQS (vivendas unifamiliares, multifamiliares, centros deportivos, escolares, garderías, hospitais, residencias, hoteis, campings, turismo rural…).

Apoio á calefacción, principalmente a sistemas de calefacción a baixa temperatura como chan radiante, fan coils, emisores térmicos, etc…

No sector da agricultura, en distintos campos, ben na climatización de espacios concretos como nidos de animais recén paridos (granxas de porcos, vacas…); ben na producción de AQS para consumo (lavado de salas de ordeño, preparación de comidas dos animais…); ben en invernadoiros para mellorar a producción conseguindo colleitas mellores e máis tempranas, ou incluso na utilización en secadeiros.
Climatización de piscinas.
Industria alimentaria e procesos industriais de media temperatura.
Climatización solar: existen equipos para refrixeraciónmediante enerxía solar sobrante en períodos estivais para a producción de frío.

 

Entre as múltiples vantaxes da enerxía solar, podemos destacar:

  • É unha enerxía limpa, segura e dispoñible gratuítamente.
  • Contribúe activamente á prevención do cambio climático.
  • É inesgotable, sen ruídos, nin cheiros, nin fumes.
  • Non xenera emisións nin residuos.
  • Vida útil de 30 anos, o que proba que é unha tecnoloxía de alto nivel.
  • Rápida instalación e baixo mantemento.
  • Fácil montaxe e instalación.
  • Integración en calquera superficie.
  • Alta eficiencia, rendemento e fiabilidade.
  • Rápida amortización.
  • Independencia dos prezos dos combustibles convencionais e as súas oscilacións.