CHAN RADIANTE

O chan radiante é o sistema de calefacción máis confortable que vostede pode atopar. Éo sistema de climatización máis limpo, silencioso, saudable e confortable que existe; por eso é o único aconsellado pola Organización Mundial da Saúde. O confort ambiental a través dun sistema de chan radiante/refrescante é, sen dúbida, a calefacción máis eficiente e económica de entre tódalas posibilidades que se poidan considerar. Trátase dun sistema que presenta innumerables vantaxes e polas cales é masivamente utilizado en toda Europa dende hai máis de 40 anos. No chan radiante utilízase cáseque toda a superficie da vivenda como elemento radiador, o que elimina os radiadores ós que estamos acostumados. A idea é quentar e refrescar de xeito moderno, independente e a baixo custo.

 

 

Vantaxes:

  • Maior confort que os sistemas tradicionais.
  • Temperatura uniforme.
  • Máis calor nos pés que na cabeza.
  • Aforro de enerxía.
  • Estética: eliminación de radiadores.
  • Saúde: recomendado para persoas asmáticas ou con problemas respiratorios.
  • Aforro económico: aforros de entre o 30% e o 20% sobre outros sistemas tradicionais. Combinado con enerxías renovables pode chegar dende ó 50% ó 75% en grandes locais.
  • Fiabilidade, alta calidade nos materiais, ausencia de empalmes…
  • Aillamento adicional.

No chan radiante utilízase cáseque toda a superficie da vivenda como elemento radiador do calor, o que elimina os radiadores a que estamos acostumados. Esto permite obter un gran confort en toda a superficie da vivenda e un óptimo reparto do calor en altura – pés quentes cabeza fría.
En período de calefacción, prodúcese unha impulsión de auga a baixa temperatura (35-45ºC) a través dos circuitos de tuberías situados baixo o pavimento correspondente ebaixo a capa de morteiro, cun espesor entre 3 e 5 cm.
A emisión de calor por parte da auga aporta o calor necesario para calefactar a vivenda.
En periodo de refrescamento, a mesma instalación de solo radiante para calefacción pode emplearse para refrescar o ambiente nas épocas máis cálidas, facendo circular a auga a través dos circuitos das tuberías a unha temperatura de en torno ós 17ºC, que absorberá o exceso de calor da estancia aportando unha agradable sensación de frescor.

A idea é quentar e refrescar de xeito moderno, independiente e a baixo coste.
Vivir conscientemente, mirando ó futuro e aproveitando a enerxía ambiental gratuíta.
Enerxía para toda a vida.
Enténdese por desarrollo sostenible o que conduce ó crecemento económico, á elevación da calidade de vida e o benestar social, sen esgotar a base dos recursos naturais renovables en que se sustenta, nin esgotar o medio ambiente ou o dereito das xeracións futuras a utilizalo para a satisfacción das súas propias.