Enerxía Solar Fotovoltaica

2981411

A enerxía solar fotovoltaica é a enerxía encargada de producir electricidade a través dos captadores solares fotovoltaicos. A producción de enerxía eléctrica por medio de captadores solares fotovoltaicos, ten lugar a partires dos materiais semiconductores que os compoñen, os cales funcionan ó recibiren a luz do sol, provocando corriente contínua, xerando electricidade Os módulos fotovoltaicos admiten tanto radiación directa como difusa, podendo xerar enerxía eléctrica incluso en días nublados. Xapón é, actualmente, o principal país productor de enerxía fotovoltaica a nivel mundial, sendo o segundo Alemania. España é un dos países europeos con maior radiación solar.



fotovolltaica 7INSTALACIÓNS AILLADAS
Entre as aplicacións das instalacións fotovoltaicas ailladas pódese destacar:

  • Vivendas ailladas en zonas rurais.
  • Instalacións agrícolas ailladas que teñan aparatos eléctricos.

  • Suministros de auga.
  • Bombeos / Regas.
  • Telecomunicacións (repetidores, telefonía, etc...).
  • Tratamentos de auga en zonas ailladas.
  • Sistemas de control e vixiancia.

    INSTALACIÓNS CONECTADAS Á REDE ELÉCTRICA

    A finalidade de conectar á rede eléctrica unha instalación fotovoltaica é poder vender toda a producción eléctrica xerada.O Real Decreto 2818/1998, reflexa a obrigatoriedade das empresas de electricidade de mercar a electricidade producida polos sitemas fotovoltaicos. Sendo especialmente atractivo o feito de que os precios que se obteñen mediante a venta da electricidade, producida deste xeito, á compañía eléctrica é ata cinco veces superior ó precio de consumo, gracias ás subvencións do Estado (Real Decreto 436/2004). As conexións á rede axudan ó medio ambiente evitando que se emitan unha importante cantidade de gases, entre eles o CO2 causante do efecto invernadoiro. A inversión nunha conexión á rede aporta importantes vantaxes medioambientais que axudan ó desenrolo sostible e á concienciación medioambiental, conseguindo que a inversión teña interés máis alá do feito puramente económico. Deste xeito, axudando a un desenrolo máis respetuoso co medio ambiente, garantizamos as futuras xeracións un planeta mellor.
    fotovolltaica 17fotovolltaica 13

    A Integración Fotovoltaica en Edificios (BIPV-Building Integrated Photovoltaics) é a sustitución de materiais convencionais en edificios por novos elementos arquitectónicos fotovoltaicos formando parte da envolvente do edificio. Debido ó caracter individual de cada edificio, os módulos fotovoltaicos vidro-vidro para a integración arquitectónica, xeralmente se deseñan e fabrican a medida de cada proxecto. Beneficios da FV integrada en edificios:
    Aumento da funcionalidade da piel do edificio.
    Protección solar reducindo a carga térmica do edificio.
    Sustitución de elementos constructivos tradicionais.
    Múltiples posibilidades de deseño con innovadores e modernos deseños para novos conceptos de imaxen corporativa e sostenibilidade.
    Os módulos solares FV vidro-vidro para a integración arquitectónica están formados por dúas láminas de vidro templado entre as que se encapsulan as células ftovoltaicas permitindo o acceso á luz segundo a distacia predeterminada entre elas.

fotovolltaica 10fotovolltaica 14