Chan Radiante

fotosueloO chan radiante é o sistema de calefacción máis confortable que vostede pode atopar. Éo sistema de climatización máis limpo, silencioso, saudable e confortable que existe; por eso é o único aconsellado pola Organización Mundial da Saúde. O confort ambiental a través dun sistema de chan radiante/refrescante é, sen dúbida, a calefacción máis eficiente e económica de entre tódalas posibilidades que se poidan considerar. Trátase dun sistema que presenta innumerables vantaxes e polas cales é masivamente utilizado en toda Europa dende hai máis de 40 anos. No chan radiante utilízase cáseque toda a superficie da vivenda como elemento radiador, o que elimina os radiadores ós que estamos acostumados. A idea é quentar e refrescar de xeito moderno, independente e a baixo custo.


Ventaxas
  • Maior confort que os sistemas tradicionais.

  • Temperatura uniforme.

  • Máis calor nos pés que na cabeza.

  • Aforro de enerxía.

  • Estética: eliminación de radiadores.Suelo-Radiante01

  • Saúde: recomendado para persoas asmáticas ou con problemas respiratorios.

  • Aforro económico: aforros de entre o 30% e o 20%  sobre outros sistemas tradicionais. Combinado con enerxías renovables pode chegar dende ó 50% ó 75% en grandes locais.

  • Fiabilidade, alta calidade nos materiais, ausencia de empalmes...

  • Aillamento adicional.



  • No chan radiante utilízase cáseque toda a superficie da vivenda como elemento radiador do calor, o que elimina os radiadores a que estamos acostumados. Esto permite obter un gran confort en toda a superficie da vivenda e un óptimo reparto do calor en altura – pés quentes cabeza fría.P1010070
    En período de calefacción, prodúcese unha impulsión de auga a baixa temperatura (35-45ºC) a través dos circuitos de tuberías situados baixo o pavimento correspondente ebaixo a capa de morteiro, cun espesor entre 3 e 5 cm. 
    A emisión de calor por parte da auga aporta o calor necesario para calefactar a vivenda.
    En periodo de refrescamento, a mesma instalación de solo radiante para calefacción pode emplearse para refrescar o ambiente nas épocas máis cálidas, facendo circular a auga a través dos circuitos das tuberías a unha temperatura de en torno ós 17ºC, que absorberá o exceso de calor da estancia aportando unha agradable sensación de frescor.

    P1010091A idea é quentar e refrescar de xeito moderno, independiente e a baixo coste.
    Vivir conscientemente, mirando ó futuro e aproveitando a enerxía ambiental gratuíta.
    Enerxía para toda a vida.
    Enténdese por desarrollo sostenible o que conduce ó crecemento económico, á elevación da calidade de vida e o benestar social, sen esgotar a base dos recursos naturais renovables en que se sustenta, nin esgotar o medio ambiente ou o dereito das xeracións futuras a utilizalo para a satisfacción das súas propias.