Xeotérmica

geotermicaEn calquera tipo de clima, a corrente das augas pluviais, o sol e o vento convirten o chan nunha fabulosa reserva de enerxía. Gracias á súa densidade, a terra absorbe e conserva permanentemente, incluso en inverno, toda esta calor que se poderá extraer utilizando a bomba de calor xeotérmica.

Unha bomba de calor xeotérmica utiliza a gran masa da terra para intercambiar calor con ela, beneficiándose da característica de manterse a unha temperatura prácticamente constante ó longo do ano.

A bomba de calor xeotérmica aproveita a temperatura que contén o terreo que rodea a súa vivenda ou as augas freáticas, absorbendo ou cedendo calor ó terreo a través de distintos tipos de captación xeotérmica.

Esto permite quentar o seu fogar no inverno, refrixeralo no verán e producir AQS.

O aproveitamento desta enerxía realízase dende hai máis de 40 anos nos países do norte como Alemania, Austria, Suiza, Francia, USA...
O funcionamento faise mediante unha bomba de calor que extrae a enerxía calorífica (en forma de temperatura) do exterior (terra-aire-auga). A enerxía extráese a baixa temperatura e mediante un proceso de compresión realizado nun circuito frigorífico por medio dun compresor (alimentado por enerxía eléctrica) que alcanza una temperatura elevada podendo utilizarse, deste xeito, para calefacción e auga quente, e invertindo o ciclo frigorífico para producción de frío.
A idea é quentar e refrescar de xeito moderno, independiente e a baixo coste.
Vivir conscientemente, mirando ó futuro e aproveitando a enerxía ambiental gratuíta.
Enerxía para toda a vida.
Enténdese por desarrollo sostenible o que conduce ó crecemento económico, á elevación da calidade de vida e ó benestar social, sen esgotar a base dos recursos naturais renovables en que se sustenta, nin esgotar o medio ambiente ou o dereito das xeracións futuras a utilizalo para a satisfacción das súas propias necesidades.

A enerxía xeotérmica aplícase a unha amplia gama de instalacións, todas elas climatizacións a baixa temperatura:

  • Calefacción en vivendas, edificios, naves industriais, etc...geotermica1_g
  • Calor en inverno.
  • Frío en verán.
  • Producción de AQS.
  • Climatización de piscinas.
  • Acuicultura e crianza de animais.
  • Desxeo en zonas de xeadas.
  • Calefacción en granxas.
  • Climatización de áreas comerciais.
  • Secadeiros de productos: madeira, cereais...
  • Calefacción en invernadeoiros.

Entre as múltiples vantaxes da enerxía xeotérmica podemos destacar:geotermica4_g
  • Comodidade e confort:
  • Calefacción pola simple pulsación dun botón, sin necesidade de almacenar gasóleo, leña ou gas.
  • Funcionamento seguro e silencioso.
  • Extremadamente fiable.
  • Posibilidade de utilizarse para refrescamento.
  • Respeto polo medioambiente:
  • Sen fumes.
  • Sen hollín.
  • Sen polvo.
  • Sen depósitos de combustible.
  • Aforro de enerxía:
  • Aproximadamente o 65-75% da enerxía necesaria para calefacción é proporcionada de xeito gratuito polo terreo, o aire ou a auga. A parte restante procede da enerxía eléctrica necesaria para o accionamento do compresor.